Amosando publicacións coa etiqueta reto 8. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reto 8. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de abril de 2020

RETO 8

RETO 8: 8 de abril de 2020

Como estades amigos e amigas? Espero que todo siga moi ben, hoxe traemos novo reto e esperamos ilusionadas as vosas respostas.

PROBA MENTE EN FORMA: "Picasso"

A proba consiste en facer o debuxo dunha cara, pero vámolo a complicar un pouquiño...
Colleredes papel e lápis, vendaredes os ollos e a debuxar!
Unha vez que estedes preparados tentaredes debuxar unha cara, cos ollos, a boca, o nariz, as orellas e todo aquelo que se vos ocurra para que quede unha obra de arte. 
Cando rematedes, quitaredes a venda e descubriredes toda a arte que levades no voso interior. 
Sorte!

El joven arrestado por destrozar un 'picasso' en la Tate de ...


PROBA CORPO EN FORMA: "malabares"
Pois ben, como di o título, ides a facer malabares, sabemos que existen moitos tipos, vale calquera das disciplinas (aros, panos, pelotas, discos...), esperamos sorprendernos!
Aínda que estaremos contentas si nos mandades fotos ou vídeos facendo volar 3 bolas (de papel albal, con follas recicladas...), sin que caian ao chan.
Estamos convencidas que con un pouco de entrenamento conseguiredes grandes cousas.


MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)