luns, 23 de marzo de 2020

RETO 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ó longo da nosa vida porque axudarános a gañar moitas batallas y cómo non, ésta non será menos. Pois empecemos por facer o noso lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible como algo que resulta obrigatorio para todos, nestos días e que nos une e fai fortes.

➜ O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da forma que se vos ocurra.
Atréveste?? Doado non?? Pois adiante….


PROBA CORPO EN FORMA: "Quecendo motores"

Para mantenerse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comenzar ben o día:

· Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
· Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura xirar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
· Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
· Exercicio 4: De pé, cacer 10 círculos cara atrás cos brazos.
· Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura xirar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Recorda!

1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do colo = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)