mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 2

RETO 2: 25 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "Stop"

No primeiro reto dimos forza e ánimo a todo o mundo que o está a pasar mal por esta situación pola que estamos a pasar, e fixechedelo moi ben! 


Nesta ocasión imos a propoñer facer unha señal de stop para non deixar entrar o virus na vosa casa. É moi sinxelo, debedes ser creativos e facer unha señal con debuxos feos ou cousas que creades que asusten o virus para que marche lexos o non volva xamais! 

Preparados? Canto máis fea... mellor! 


PROBA CORPO EN FORMA: "Transportistas"


E non paramos! 
Despois do quecemento doutro día temos o corpo listo para calquer actividade deportiva. 
Hoxe traemos unha que non supón moito esforzo físico pero si moita concentración, estamos seguras de que o conseguiredes.
Consiste no seguinte:
➜ Debedes coller unha culler e poñerlle unha pelotiña de ping pong ou, se non tedes, unha boliña de papel que se asemelle ao tamaño dun ovo. Suxetades a culler ca boca e tedes que dar 6 pasos, dar volta e outros 6 pasos para volver a onde empezachedes, todo esto sin que caia a pelota!
Deixovos un exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=J6-qhUtcHts

Practicade moito, esperamos novas vosas!

Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!


Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)