luns, 13 de abril de 2020

RETO 10

RETO 10: 13 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "emocións"

Nesta época de confinamento estamos a atoparnos cun montón de emocións diferentes. Hoxe propoñemos facer unha manualidade que consiste en crear unha cara cun montón de emocións diferentes. 
Faremos o seguinte, debuxaremos unha cara e ó lado dos ollos faremos un pequeno corte para que pase unha tira de papel, o mesmo faremos coa boca. 
Nunha tira debuxaremos diferentes expresións dos ollos (abertos, pechados, chorando, con sono...) e na outra as da boca (sorrindo, serios, cantando, con medo...).
Deixamos unhas fotos para que vexades do que estamos a falar e para que collades ideas.


PROBA CORPO EN FORMA: "imitacións"
Para este reto imos experimentar o divertida que pode ser a vida das serpes, as croquetas ou porqué non, a dunha bicicleta. O reto consta de tres partes:

1. A serpe: tumbados no chan teremos que imitar durante dez segundos o movemento dunha serpe. Poderedes escoller a serpe que queirades, unha de cascabel (facendo o sonn dun cascabel), unha boa constrictor (mui feroz e malvada) o que queirades !! (Repetir 2 veces).
2. A bicicleta: tumbados no chan coas pernas subidas en alto, teredes que imitar o movemento circular das rodas dunha bici durante polo menos 15 segundos. (Repetir dúas veces).
3. A croqueta: tumbados no chan teredes que xirar como o fan as croquetas!! Poderedes animar a alguén máis da casa e facer unha croqueta aínda máis grande! (Unha vez a esquerda e outra a dereita).


MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)