venres, 17 de abril de 2020

RETO 12

RETO 12: 17 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "espantavirus"


Bueno rapazada, xa levamos un mes de confinamento, pero aínda así non podemos despistarnos de tomar todas as medidas recomendadas polas autoridades. 

Hoxe vamos a propoñer un experimento que demostra o importante que é lavar as mas con xabrón. Para iso imos a necesitar 3 ingredientes: auga, pementa e xabrón.
Botaremos auga nun prato fondo, espolvorearemos a pementa por enriba e despois impregnaremos un dedo en xabrón.
Cando toquemos a auga do prato, contaxiada con coronavirus (a pementa) o xabrón o espantará.
É importante visualizar como o xabrón alexa o virus de nós. Deixamos un video de exemplo.


PROBA CORPO EN FORMA: "modelos" 

Como levades eso da postura corporal? Moito tempo sentados? Ou aínda tedes ese corpo de modelo?
Para comprobalo vamos a facer o seguinte, poñede un obxecto sobre a cabeza (deixamos que elixades o que, un peluche, un coxín, e se sodes moi atrevidos... ata un libro!) e ide ata o lugar máis lonxano da casa sen que se vos caia, peeero non vale suxetalo coas mans!!

Un perro se hizo viral por hacer equilibrio con objetos sobre su ...

MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)