luns, 20 de abril de 2020

RETO 13

RETO 13: 20 de Abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Monigotes"

Para hoxe teredes que facer unhas cedenetas de papel. Para iso imos necesitar, folios, tijeras, lápiz e pinturas ou rotuladores para colorear. Unha vez teñades este material preparado poderedes comezar a deseñar as vosas cadenetas.

Como axuda deixámosvos un vídeo onde se explica xenial como facelas:


https://www.youtube.com/watch?v=KqcOsBqHc10

Por certo, non vos esquezades de vestir ou disfrazar aos vosos monigotes unha vez teñádelos recortados.


PROBA CORPO EN FORMA: "Mariola"

A mariola é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de lanzar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa, sen poder pisar no número que temos a pedra.


Para este xogo teredes que usar a vosa imaxinación e crear en casa vosa propia mariola.
Por outra banda, nós non imos usar unha pedra para xogar polo que, valeranos calquera cousa que teñades por casa que faga a mesma función,( pelota de papel, tapón de botella, unha goma de borrar, etc).






MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)