venres, 24 de abril de 2020

RETO 15

RETO 15 - 24 de Abril de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: " A nosa historia"


Aproveitando que onte foi o día de libro, porqué non facemos o noso pequeno libro no que podamos contar as historias que vos apetezan?. É moi sinxelo, e para iso só ides necesitar: un folio, tesoiras, lapis e pinturas. O que vos propoñemos é que unha vez acabado a confección do libro, nos contedes tres historias graciosas que vos pasarán e que vos traian moi bos recordos, xa sexan con amigos, alguén da familia, no cole, etc. Para axudarvos os deixamos a ligazón de como facer o voso pequeno libro:

https://www.youtube.com/watch?v=iADQLGevx3Q


PROBA CORPO EN FORMA: " a  mover o esqueleto"

Que vos parece se movemos un pouco o esqueleto? Como xa vos podedes imaxinar, é moi importante que sigamos en forma nestes días de corentena. Polo que , non se nos ocorre nada mellor que un pouco de movementos e saltos en familia. É unha rutina de exercicio moi cortiña que estamos seguras series capaces de terminar. Imos a por todas.

https://www.youtube.com/watch?v=Z6VsBhH8MF0



MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)