luns, 27 de abril de 2020

RETO 16

RETO 16: 27 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "deportistas?"


Na probra de hoxe ides ter que usar a imaxinación unha vez máis, que sabemos que se vos da moi ben e pasamos un bo rato.
Imos ter que facer imitacións, como? disfrazándonos con cousas que teñamos pola casa, dándolle unha dobre utilidade aos utensilios que encontremos por ela.
Teremos que simular que estamos a facer algún deporte, por exemplo, poñemonos o traxe de baño, as gafas de natación e detrás dunha manta podemos simular que estamos a facer natación sincronizada! Pero vale imitar calquer deporte que se vos ocurra, eso si... ben caracterizados para que o podamos recoñecer!


Esquiar en casa


PROBA CORPO EN FORMA: "atrapa o rotu"


Neste caso é un reto de habilidade coas vosas mans e co voso equilibrio. 

Para este xogo necesitaremos 3 rotus ou lápices, porque vai ter 3 niveles. Colleremos o primeiro, colocarémolo no pulso, manterémolo en equilibrio, lanzarémolo ó aire e collerémolo, si conseguimos facelo pasaríamos ao seguinte nivel, é dicir, colleríamos outro rotu e faríamos o mesmo. Así ata chegar a 3!
Conseguiremolo? esperamos ver as vosas respostas compañeiras/os!





MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)