mércores, 29 de abril de 2020

RETO 17

RETO 17: 29 de Abril de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: " palabra prohibida"

Para hoxe propoñémosvos un xogo moi divertido que se chama a palabra prohibida. Para poder xogar imos necesitar, papel, lápiz e moita imaxinación.

O primeiro que imos facer vai ser escribir 12 palabras na nosa folla, que por suposto quen vaia a xogar connosco non poida ver. O xogo ímolo a dividir en dous partes:

1ª PARTE- Uno dos xogadores vai escoller seis das 12 palabras que ten escritas na súa folla e vai ser o encargado mediante descricións e difinicións, que o seu compañeiro adiviñe as máximas palabras nun tempo de 1 minuto.

En caso de non de terminalas nese minuto terá a oportunidade na seguinte rolda de adiviñar as palabras que lle quedaron, pero dun xeito diferente.

Cando se acaba esta primeira parte cámbianse os roles de quen define e quen adiviña.

2ª PARTE- O procedemento é o mesmo, pero agora imos facelo de maneira que seremos mudos e só poderemos mediante imitación e xestos describir a palabra. Para esta rolda teremos 1 minuto e 30 segundos para intentar adiviñar as 6 palabras, que si acabamos poderemos sumarlles as que nos quedaron sen adiviñar de róldaa anterior.

Casi me esquezo, si vedes que nalgunha palabra atascádesvos, poderedes cambiar á seguinte utilizando a palabra "pistacho" para que o que trata de adiviñar decátese de que ides empezar a xogar con outra palabra.




PROBA CORPO EN FORMA: " a oca deportiva"

Non vos parece un bo xeito de facer exercicio xogando a unha oca diferente?.

Hoxe pareceunos unha boa idea ensinarvos esta oca deportiva, é un xeito divertido e diferente de manternos en forma estando en casa coa familia.

Os deixámos aquí a foto do taboleiro desta oca. Quen queira imprimila para xogar pode. Senón o que tamén podes facer nun folio é,  facer o percorrido poñendo só os números das casillas para non perdervos, xa que os imaxines dos exercicios podédelas ter na pantalla.






MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)