RETO 6: 3 de abril de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "trabalinguas"
Esta vez imos a demostrar a destreza que temos coas palabras, e se non é o caso polo menos pasaremos un bo rato.
➜ Deberedes escoller un trabalinguas que vos guste ou un dos que vos deixamos por aquí, por si non lembrades ningún.
Recordade que podedes facelo sós ou competir coa familia e amigos a ver quen o fai mellor.
Ánimo!!
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.
Por detrás daquel toxo
vai un pito coxo.
Corre, pito coxo,
pito coxo, corre.
Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde.
Un lobo rubio roe un loro duro.
Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe.
PROBA CORPO EN FORMA: "encestadores"
Quen non xogou algunha vez ó baloncesto? Ou polo menos a encestar unha pelota?
Creo que o ides a facer estupendamente...
O xogo consiste en colocar unha papeleira a uns 2 ou 3 metros de nós e encestar 3 pelotas ou 3 bolas de papel (ou calquera cousa que teñades a man, non nos vamos a poñer exquisitos).
Pero a cousa non remata aí!
➜ O reto final é que consigades meter as 3 bolas en 3 tiros seguidos!
MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)