luns, 6 de abril de 2020

RETO 7

RETO 7: 6 de Abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: BROWNIE Ó MICROONDAS

Temos moito tempo para cociñar! Que mellor forma de pasar un ratiño en familia facendo un postre super rápido e doado! RECEITA DE BROWNIE FEITO Ó MICROONDAS INGREDIENTES:
150 g de chocolate fondant 100g de fariña ½ culler pequeniña de levadura en pó 3 ovos 125 g de manteiga 125 g de azucre 4 culleradas de leite 5 noces INSTRUCIÓNS:
Fundir o chocolate coa manteiga no micro a potencia moi baixa. mesturar ben e reservar. Bater tres ovos e o azucre cun batedor,e engadir o leite e o fermento. Engadir seguidamente o chocolate coa manteiga, sen que esta mestura estea moi quente. Unir ben. Engadir a fariña e remover cunha paleta plástica ou de silicona para que se incorpore todo. Engrasar en molde apto para microondas con manteiga e espolvorear coa fariña. Poñer as noces en anacos no molde. Engadir a mestura e introducir ao micro durante 4-5 min (segundo o gusto do punto de cocción) a 800 de potencia.

PROBA CORPO EN FORMA: actividad física en familia

Para seguir traballando e non perder a boa forma física que temos, hoxe propoñemos un pequeno exercicio en familia para facelo máis divertido. Son exercicios fáciles pero necesitan coordinación e moitas ganas de pasalo ben.
Como guía para facer os deberes deixámosche este vídeo, onde podes ver os exercicios exemplificados:

1) Abdominais cun pase de balón. Faremos 5 repeticións desta tarefa cada unha.
2) Zig-Zag. Para este exercicio podemos empregar os calcetíns que usamos para facer a escaleira de coordinación no reto 5. Ademáis, precisaremos 5 obxectos de tamaño máis ou menos un tamaño pequeno. 
3) Para este exercicio necesitarás moita coordinación e concentración. Precisaredes de novo os 5 obxectos que empregamos na tarefa anterior.
4) Por parellas no pasillo faremos movementos laterais cun salto e chocando a man no medio do noso recorrido. Para iso,os  colocaredes cada un nunha esquina do pasillo e daredes 5 voltas, contando como unha volta o percorrido de ida e volta.

https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo

Moita sorte con este reto¡ 

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)