venres, 10 de abril de 2020

RETO 9

RETO 9: 10 de Abril de 2020

Bos días rapaces. Xa estamos aquí outro vez para ver que vos parecen as propostas que temos pensadas para hoxe.

PROBA MENTE EN FORMA:  Música maestro"

Hoxe imos dedicarlle un pouco de tempo á ciencia e á música xogando coa frecuencia das vibracións do son. Por tanto, o que imos necesitar para hoxe son 4 vasos iguais, un pouco de auga e moita imaxinación para facer vosa propia melodía, que terá que ter unha duración máis ou menos de 10-15 segundos. Aquí deixámosvos un vídeo do que, poderedes tomar exemplo da cantidade de auga que terán que levar os vasos e de como facelos soar.



https://www.youtube.com/watch?v=08YT3Wt8Fpk


PROBA CORPO EN FORMA:  pilates 

Hoxe imos dedicar un pouco do noso tempo para facer pilates en familia. Para iso, imos necesitar ter posto roupa que sexa cómoda e realizar uns exercicios sinxelos que poderedes ir seguindo no vídeo que vos deixamos a continuación.


https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ&t=165s


Moito animo e a por outro día de reto.

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)