A PETANCA!
A petanca é un deporte no que o obxectivo é lanzar bolas metálicas tan preto como sexa posible dunha pequena bola de madeira, lanzada anteriormente por un xogador, con ambos pés no chan e en posición estática nunha determinada zona.É un deporte tradiconal, sabedes que en España surxiu en 1907? Aínda que os antigos romanos xa xogaban cunha versión primitiva, con bolas de pedra.
Este deporte pódese practicar en todo tipo de terreo, aínda que se adoita facer en zonas chás, normalmente areosas.
Probáchedes algunha vez a xogar? Non fai falla que sexan bolas metálicas, para nenos existen bolas adaptadas que son de plástico, normalmente con area dentro para que teñan o peso suficiente.
E senón, sempre podemos improvisar e adaptar os materiais ás cousas que teñamos pola casa, só necesitaremos que sean obxectos con certo peso, para que, cando os lancemos, queden no sitio orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario