venres, 1 de maio de 2020

RETO 18

RETO 18: 1 de maio de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "percusión"
Que sería de nós sen a música? 

A proba de hoxe consiste en facer unha pequena melodía con calquera parte do noso corpo, tanto pode ser facendo palmas, como chiscando os dedos, dando golpes contra unha mesa, unha lata... ou dando pisotóns contra o chan!
O voso corpo será unha batería... ensinádelle ó mundo a vosa faceta de compositores.
Aquí deixámosvos un exemplo, que si queredes, podedes replicar:



PROBA CORPO EN FORMA: "oito veloz"


Só necesitaremos unha pelota ou se non temos ninguna pola casa, podería valer tamén un peluche.
En que consiste este reto? teremos que facer un 8 entre as pernas co balón e o máis rápido posible sin que nos caia das mans.
Separamos un pouco as pernas e pasamos o balón de adiante a atrás polo medio delas, da a volta a unha perna, volvemos a pasala de adiante a atrás e da a volta pola outra perna (debuxamos un oito no aire) e así continuamente o máis rápido que poidades durante 20 segundos. Cantos 8 seredes capaces de facer? 
Que ganas de coñocer a resposta!!




MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)