luns, 4 de maio de 2020

RETO 19

RETO 19: 4 de Abril de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "Furor"

Pois nada, para amenizar un pouquiño o día de hoxe se nós ocorréu organizar o xogo de Furor, máis que nada porque é facilisimo de organizar, de xogar, e de reirse!!!


Para isto imos empezar coa batalla de cancións. Esta proba de furor consiste en que teredes que cantar tres cancións que conteñan as palabras:

- Corazón- Bailar- Amor

Non fai falta que cantedes a canción enteira que se vos ocorra, só con trocito de estribillo sería suficiente para pasar esta proba.
O xenial para isto seria que xogásedes contra alguén que este en casa convosco para que sexa moito máis divertido e saber quen pode será o novo/a artista revelación de 2020 desta cuarentena.


Como sodes uns super campións e campioas si isto évos moi fácil, poderedes para complicar máis o xogo colocar algúns obxectos polo chan (que non se rompan e que podamos pisar sen facernos dano),para que teñades que esquivalos.


PROBA CORPO EN FORMA: "Tebras"

O popular xogo das tebras consiste en que alguén de casa ten que coller un obxecto cos ollos pechados. Para iso, contará coa axuda de alguén que lle irá orientando. Non é nada fácil pois teredes que orientarvos sen ver nada e só coa voz de quen vos esta guiando. Teredes que atopar dous obxectos que o que vos guía escondeu antes de empezar o xogo.






MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)


Ningún comentario:

Publicar un comentario