mércores, 6 de maio de 2020

RETO 20

RETO 20: 6 de maio de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "frores de cores"

Entramos no mes de maio, no mes das frores, temos que empezar a decorar as nosas casas con cousas alegres que nos recordan que o verán está a piques de chegar.
Hoxe propoñemos facer grilandas, que diseñedes frores de diferentes tamaños e cores, froitas, follas, volvoretas... para así poder ter dentro da nosa casa un anaquiño de natureza e de primavera.
Deixamos unhas fotos por si vos sirven de inspiración:


      


PROBA CORPO EN FORMA: "e soprou, e soprou..."
Para esta proba teredes que facer unha boliña de papel e coller uns cantos cubertos, algún libro, facer churros con outras follas de papel ou o que teñades preto que teña algo de peso.
Con todas estas cousas teredes que construir un circuito enriba dunha mesa ou mesmo no chan e poñer a pelotiña no principio do recorrido, soprade e soprade e levádea ata o final.
E se competides? Canto tempo tardades en rematar o circuito?
E se facedes dous cirucuitos e probades cunha carreira?
Non volo poñades fácil... revirade ese recorrido!!



MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario