venres, 8 de maio de 2020

RETO 21

RETO 21: 8 de Abril de 2020


PROBA MENTE EN FORMA:" operación matemática "

Que vos parece si hoxe probamos a ver como temos ese calculo matemático. Propoñémosvos o reto de descifrar este acertijo e non vos preocupédes porque estamos seguras de que o resolveredes en nada, como todas as probas que vos propoñemos súper campións.

Teredes que descifrar cal o valor de cada un de obxectos que aparecen na foto.






PROBA CORPO EN FORMA:

Hoxe pareceunos moi boa idea facer esta parte do reto nun sitio diferente.
Que vos parece si hoxe o reto de actividade física facémolo na rúa ?. Esperemos que ben porque a actividade de hoxe, imos poder facela na nosa hora de paseo pola rúa.

Por iso , imos explicarvos agora tres probas diferentes que poderedes facer para conseguir os puntos de hoxe:

1)Para esta imos necesitar un balón. Sentarémonos  no chan coas pernas estiradas e abertas, o balón terémolo na man. Cando esteamos preparados lazaremos o balón ao aire o máis alto que poidamos e teremos que levantarnos rápido a collelo antes de que toque o chan.

2)Teremos que facer o mesmo que no anterior pero engadindo algo máis. Antes de coller o balón teremos que dar dúas palmadas rápidas e logo collelo. Entón quedaría así:

Lanzo pelota- levantome rápido - Dou dous palmadas- Collo o balón sen que toque o chan

3)Teremos que facer unha carreira cortita ata un punto próximo que este á vista e todo isto á velocidade da luz.

Como o vedes, Atrevédesvos?



MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario