luns, 11 de maio de 2020

RETO 22

RETO 22: 11 de maio de 2020

ATENCIÓN! Antes de empezar queremos que sepades que a partir de mañán teredes novedades no blog... ata aquí podemos ler, estade atentos!

PROBA MENTE EN FORMA: "muíños de vento"

Esta manualidade é moi típica nestas épocas, queda xenial adornando os xardíns, as ventás ou os balcóns. 
Consiste en facer un muíno de vento con papel, para o que necesitaremos os seguintes materiais: papel, cores, lápiz, regra, tesoiras, pegamento e un alfinete.
- Cortaremos un cadrado (15x15), debuxamos unha x co lápiz e a regra, xuntando as esquinas do cadrado. 
- Coloreamos o papel como máis nos guste, recomendámosvos que sexan cores chamativas.
- Recortamos pola liña marcada PERO sen chegar ó centro.
- Quedáronnos 4 triángulos, collemos a esquina dereita e pegámola no centro do papel, facemos o mesmo con todos.
- Cun alfinete ou cunha chincheta atravesamos o centro do muíño e clavámola nun lápiz ou palliña que nos vai facer de soporte.
Xa o temos! Agora a xirar!


PROBA CORPO EN FORMA: "torre de Pisa"
Collede todos os rotuladores, lápices e cores que teñades pola casa, temos un gran proxecto por diante.
Debemos construir unha torre o máis alta que poidamos, non temos tempo límite, polo tanto podemos entrenar a nosa paciencia e creatividade e construir un monumento que ninguén poida esquecer.
Poñeremos 2 lápices en paralelo, non a moita distancia porque no seguinte piso teremos que facer o mesmo con outros 2 lápices noutro sentido, como aparece no debuxo de abaixo.
É así de sinxelo! Amontoar e amontoar... ata conseguir a torre máis alta da cidade.
Que ganas de ver as vosas construccións! 



MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario