RETO 23: 13 de Mayo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "hoxe toca voar"
Para o reto de hoxe faremos avións de papel que tamén poderemos usar para xogar hoxe no turno de paseo e comprobar o ben que planea o noso super avión.
Estades preparados? aqui vos deixamos unhas instruccións moi sinxelas dos pasos a seguir para facer a vosa máquina.
https://www.youtube.com/watch?v=lZYRraIg3no
Recordar que unha vez que o acabedes podedes decoralo, pintalo e facerlle os cambios que vos apeteza. Así que unha vez acabédelo só quedásevos darlle o voso toque especial.
PROBA CORPO EN FORMA: "palmas"
Para poder facer o xogo de palmas necesitamos que xogue a persoa de casa coa que hoxe vaiamos ao parque.
Ímonos a colocar un en fronte do outro, o que vai pillar terá que estirar os brazos coas palmas da man cara arriba. O que vai escapar terá que darlle nas palma das mans e saír correndo ata un punto marcado sen que o pillen. O que pilla non poderá saír correndo detrás de nós ata que lle choquen a man.
Cando o facemos unha vez iremos cambiando os roles.
MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario