venres, 15 de maio de 2020

RETO 24

RETO 24: 15 de maio de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "as xudías máxicas"

Seguindo o fío da primavera, non podíamos pasar por alto a creación dunha horta.
Pero comezaremos por algo sinxelo, unhas xudías ou unhas lentellas que teñamos pola casa.
É tan doado como meter unhas "semilliñas" nun vaso con algodón, botarlle auga e deixálas nun sitio con luz. Tamén podedes coller terra nun dos vosos paseos e facer o mesmo proceso.
Nuns días comezará a brotar e se todo vai ben medrará moito! e podedes trasplantala a unha maceta máis grande.

Plantas de semillero en cáscaras de huevo, educación montessori y ...

PROBA CORPO EN FORMA: "birlos"
Nesta ocasión, toca facer un xogo tradicional que todos coñecemos e seguro que practicamos moitas veces: os birlos.
Para poder xogar necesitaremos botellas de auga ou iogur e unha pelota coa que poder tiralas. 
Colocaremos os birlos facendo un triángulo e colocámonos a uns 2 ou 3 metros, dependendo da destreza que teñamos, agora solo queda apuntar e... derribalos todos!
Afinade a puntería ;)



MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario