luns, 18 de maio de 2020

RETO 25

RETO 25: 18 de Maio de 2020


Bos días chico. Aquí deixámosvos os retos que tendes/tedes que intentar conseguir hoxe.

PROBA MENTE EN FORMA: trabalinguas.

Para a primeira proba de hoxe imos ver si sodes capaces de repetir este super trabalinguas que seguro moitos xa coñecedes, "os tres tristes tigres".

É un trabalinguas sinxelo e estamos seguras que ides ser capaces de facelo xenial. Iso si, ter moito coidado de que non se vos faga un pequeno nó na lingua.






PROBA CORPO EN FORMA: 

Para seguir aproveitando seguir en forma e tendo estes días marabillosos de sol, imos seguir facendo un pouco de exercicio no parque.
O que imos necesitar para isto é unha cordo, que baixaremos connosco hoxe na hora de paseo.

O primeiro exercicio será dar 10 saltos seguidos saltando a cordo. 
O segundo será saltar a pé manco unha vez con cada pé a cordo.


Non vos preocupedes se non sodes capaces de facer todo os saltos, xa que o máis importante é pasalo ben y facer un pouco de exercicio.

























MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario