mércores, 20 de maio de 2020

RETO 26

RETO 26: 20 de maio de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "rico batido"
Con esta calor que está a facer, non vos apetece comer cousas frescas e saborosas?

Pensamos que un batido estaría ben... facémolo? 
A receta ten poucos ingredientes:
- froita (a que teñades a man)
- leite
- azucre
- xeo (opcional)
Xuntámolo todo, pasámolo pola batidora e... a gozar!

Aquí tedes un video que atopamos por youtube para que vos fagades unha idea: https://www.youtube.com/watch?v=9Y1PqXo3-xM

PROBA CORPO EN FORMA: "cangrexos transportistas"
Hoxe ídesvos a converter en cangrexos, xa temos probado varios animais dende que empezou o xaque ó virus, pero faltaba este!
Como andan os cangrexos? cara atrás, efectivamente. Pero aínda vai a ser máis complicado! Porque sodes transportistas.
A ver, que vos explico ben:
Tedes que andar a catro patas, pero cara arriba (como aparece na foto de abaixo), poñedes un peluche na barriga e tédelo que levar dun lado ao outro do pasillo.
Cantos seredes capaces de transportar? 

0860 Cuadrupedia invertida con balón - YouTube


MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario