RETO 27: 22 de Maio de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: vela ecolóxica
Para hoxe pareceunos unha boa idea facer unha vela ecolóxica que imos poder decorar ao noso gusto e seguro que queda xenial en casa.
O único que imos necesitar para facer a nosa vela é:
-Botella de auga pequena
-Un vaso de cristal
-Aceite de cociñar
-Pedras para decorar o fondo do noso vaso
Deixámosvos aquí tamén un vídeo que vos vai axudar paso a paso, a facer vosa vea ecolóxica.
Por certo, esquecíasenos, recordade pedir axuda na casa si o necesitades e ter coidado coas tesoiras.
https://www.youtube.com/watch?v=4EDACFL6XBI&t=87s
PROBA CORPO EN FORMA: Pesca o antivirus
Para este reto necesitaremos un montonciño de bolas de algodón, un pouquiño de crema e una taza ou cunca para cada participante. Cada un teremos o noso montonciño de bolas, poñeremos una pouca crema na punta da nariz e as mans na espalda. Nun minuto de tempo teremos que meter o maior numero de boliñas posible na cunca coa nariz.
Importantisimo, ¡Non vale tocar coas mans!!!
MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario