RETO 28: 25 de maio de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "contame un conto"
Esto vai rematando, esta é a derradeira semana, vamos a botarvos moito de menos...
Pero non podemos marchar sin coñecernos un pouco máis, esta proba consiste en que nos ensinedes o voso xoguete ou libro favorito, que nos contedes que ten de especial, porque vos gusta, porque xogades a miúdo con el ou porque o queredes ler cada noite.
Non dudamos no especial que serán as vosas cousas!
Todos temos na cabeza a imaxe dun pirata, e se é un dos malos seguro que ten un garfio no lugar da man... e se é malísimo terá dous garfios! un en cada man.
Pois hoxe seredes as piratas máis malas que surcaron os mares.
Para eso debedes coller 2 perchas e colocar unha en cada man, a modo de garfios, a continuación deixaredes caer uns peluches ou coxíns no principio do corredor e rápidamente e cos vosos garfios teredes que transportalos ao outro extremo do corredor!
Veña que vos podedes... a vida pirata é a vida mellor ♫♫
MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario