mércores, 27 de maio de 2020

RETO 29

RETO 29: 11 de Maio de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: molinillo de vento

Agora que xa podemos facer máis actividades fóra de casa, pero sempre de xeito responsable. Que vos parece si facemos un invento casero para saber cando é bo día para ir á praia?.

Para hoxe o que vos propoñemos é facer un molinillo que podamos poñer na fiestra para saber así, cando é un bo día por exemplo, para poder ir a praia. Este invento axudaranos, a saber de que lado e canto de forte sopra o vento.



Aquí deixámosvos un vídeo que vos axudase a facer o voso molinillo molón.


https://www.youtube.com/watch?v=tHzBjhxQhwg





PROBA CORPO EN FORMA: "pinchacarneiro" 

Hoxe tócanos practicar un pinchacarneiro. Para esta proba imos facer dúas probas diferentes:

1)Teredes que facer unha voltereta cara diante sinxela e para isto deixámosvos aquí os pasos a seguir. Prestar moita atención e facelo amodo, porque a seguinte proba vai ser un pouco máis complicada.

2)Para o seguinte exercicio imos necesitar ademais unha pelota. Os pasos a seguir son parecidos ao exercicio anterior. Teremos que facer a voltereta cara diante pero antes teremos que lanzar a pelota o máis alto que podamos, para intentar collela logo de facer a voltereta e antes de que toque o chan a pelota.







MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario