venres, 29 de maio de 2020

RETO 30: COLORÍN COLORADO...

... ESTE XOGO ESTÁ REMATADO!

Con moita pena decimos adiós, pero cheos de agradecemento.
Fostes todos moi amables, traballadores, alegres, comprometidos... 

Conseguistes facer 29 retos, unha chea de puntos e traballar en equipo.
Conseguistes cumprir con todos os obxectivos propostos, alegrándonos a corentena aos que estamos alén da pantalla.

E despois de 10 semanas xa é hora de cambiar os papeis, hoxe o reto... facémolo nós!!


Cerramos esta etapa pero abrimos outra, neste caso damos paso a "Con Cilia Verán 2020", a diversión pode seguir! so tedes que apuntarvos:
https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453733101698

Esperamos vervos pronto, mentres gozade do verán, en setembro volveremos con máis ganas... se é posible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario