Amosando publicacións coa etiqueta clasificación xeral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clasificación xeral. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O xogo "xaque ao virus" chega ao seu final acadando case 40.000 antivirus obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo.

Un total de 5.521 respostas aos retos propostos (máis de 500 por semana), xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos.

O reparto destes puntos foi o seguinte:


Só nos queda agradecer a participación de todas as familias e a colaboración desinteresada de músicos, actrices, escritores e demáis personalidades do mundo da cultura que animastes a participar aos nenos e nenas dos diferentes colexios da cidade.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

luns, 25 de maio de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: 37.643 PUNTOS

COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.


luns, 18 de maio de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CASE 35.000 ANTIVIRUS

Levamos oito semanas de xogo e case 35.000 puntos acadados entre os 27 centros participantes. Seremos capaces de chegar esta semana aos 40.000 puntos?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

luns, 11 de maio de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: MÁIS 30.000 ANTIVIRUS

Iniciamos a semana coa barreira dos 30.000 puntos superada neste xogo no que todos os colexios aportan o seu grao de area.
Seremos capaces de chegar aos 50.000 puntos ao final do xogo?
Non é doado, pero entre todos coidamos que o conseguiremos.
Moito ánimo!

luns, 4 de maio de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: SEGUIMOS SUMANDO

Tras un pequeno descenso a semana pasada, parece que esta semana de paseos vos animou a seguir participando e, entre todos, sumar más puntos.
Seguide así...pronto haberá más formas de gañar puntos para o teu colexio.

Estade moi atentos ao blog :)

luns, 27 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Estreamos semana de paseos. Pero hai tempo para facer os retos e seguir sumando puntos para o voso colexio. Moito ánimo!

luns, 20 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Un mes de retos... un mes cheo de respostas de nenos e nenas. 
Xa estamos preto dos 20.000 puntos. Moito ánimo e grazas por participar.

luns, 13 de abril de 2020

luns, 6 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: SEGUIMOS CRECENDO

Tras 6 retos superados a puntuación xeral achégase aos 10.000 puntos.

Orgullosísimas de vos! Mirade que ben vamos na clasificación!! Que non decaiga o ritmo compañeiras/os, aínda quedan semanas de xogo e moitos puntos a repartir.

Ánimo campións!


luns, 30 de marzo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". 
Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.