xoves, 23 de abril de 2020

HOXE É O DÍA DE...

O DÍA DO LIBRO!

Día del libro 23 de abril. Historia día mundial libros - Dia del libro

Este 23 de abril festexamos un día internacional do libro moi especial, debido ao confinamento polo coronavirus. 
Se a semana pasada vos recordamos o importante e divertido que son os libros, hoxe non podíamos pasar sin recordarvos o importante que é o hábito da lectura.

Vamos a deixarvos por aquí uns libros que nos parecen interesantes, esperamos que a vos tamén vos gusten! E pedimosvos que nos deixedes nos comentarios os vosos libros favoritos ou aqueles que tedes moitas ganas de ler.

O primeiro é un conto que nos fala da situación que empezaremos a vivir a partir do luns: a saída a rúa dos nenos e nenas, podedes botarlle un ollo pinchando aquí.

O segundo é un conto que gusta tanto a pequenos como a maiores e que leva sendo recoñecido moitos anos! Parécenos precioso e esperamos que o disfrutedes tanto coma nós. O principito.

E non podemos pasar sin recordar algúns libros en galego, como pode ser "o lapis de Rosalía", "o diario de Greg" ou "a toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

Esperemos que vos gustaran as nosas recomendacións! 
Queremos saber si vos escribides contos, cal é o voso recuncho favorito de lectura, si sodes poetas ou poetisas... 

Estamos en contacto!



Ningún comentario:

Publicar un comentario