mércores, 22 de abril de 2020

RETO 14

RETO 14: 22 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "sorpresa!"


Nesta ocasión só necesitamos papel, lapis e cores, o resto é cuestión de creatividade! 
Imos facer uns debuxos graciosos que abren e pechan a boca. O primeiro que debemos facer é dobrar un folio a metade, e logo a parte de arriba outra vez a metade cara o centro.
Debuxaremos o noso personaxe coa boca pechada, facendo coincidir a abertura da mesma coa dobrez do papel. Logo abrimos a folla e no espacio que nos quedou en branco debuxamos o interior da boca. Coloreamos e... listo!
Podemos facer todo tipo de personaxes, que dentro da boca poden gardar sorpresas de todo tipo: de medo, graciosas, mensaxes... que se vos ocurre?
Demostrade como funciona a vosa imaxinación, non fai falta que sexa unha boca...

Drawing videos for kids to learn art with easy and step by step instructions2794504068256920 cute DIY paper craft ideas | 10 So PeachySurprise Big Mouth Fish Printable Craft - Easy summer craft for kids to make - this one is great both for a rainy day at home or as an classroom craft (summer camp with kids too). Fun fish craft for preschoolers and kindergarten


PROBA CORPO EN FORMA: "atletas"

Hoxe traemos unha proba física que require un esforzo un pouco maior do habitual, pero non dudamos que o ides a facer igual de ben que sempre. 
Consiste no seguinte: 
- correr no sitio levantando os talóns hacia os glúteos (o máis rápido que poidades durante 20 segundos).
- realizar jumping jacks (saltos abrindo e cerrando as pernas e os brazos a vez, coma unha tesoira) durante 15 segundos.
- correr no sitio levando os xeonllos cara arriba (o máis rápido que poidades durante 20 segundos).


MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)