martes, 12 de maio de 2020

RETO EXPRESS

E aquí está a novidade da que vos falamos onte: os retos express.

Que son? pois consiste na publicación duns sinxelos retos aos que se podrá dar resposta directa a través da ventana de comentarios que tedes ó final.
Os retos contestados correctamente tamén sumarán puntos para a clasificación xeral.

Hoxe imos probar cunhas adiviñanzas... a ver que tal se vos da:

Redondiña e moreniña, 
pódese comer crúa, 
asada ou cocidiña.

Ten famosa memoria, gran tamaño e dura pel 
e a nariz maís grandota que no mundo poida haber.

A resposta dareicha, case case en bandexa, 
son quen produce o mel, así que son...

Sorte! E a participar amigos e amigas!

2 comentarios: