Amosando publicacións coa etiqueta reto express. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reto express. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2020

RETO EXPRESS

Vamos a por unha nova entrega dos retos express!

Estades preparados e preparadas? poñede todos os sentidos alerta porque... tedes que atopar as 3 diferencias neste debuxo:

En que se diferencian estos cochiños? Contestade nos comentarios e sumaremos novos puntos á clasificación!!

Sorte compañeiras e compañeiros.

martes, 19 de maio de 2020

RETO EXPRESS

Martes! e polo tanto unha nova entrega dos retos express.

Que son? pois consiste na publicación duns sinxelos retos aos que se podrá dar resposta directa a través da ventana de comentarios que tedes ó final.
Os retos contestados correctamente tamén sumarán puntos para a clasificación xeral.

Coñecedes estes refráns típicos galegos? Intentade completalos:

* Nunca choveu que non _____.

* En maio aínda a vella queima o _____.

* Outra _____ no millo!

* Por Santa Lucía mengua a _____ e medra o día.


Sorte! E a participar amigos e amigas!

martes, 12 de maio de 2020

RETO EXPRESS

E aquí está a novidade da que vos falamos onte: os retos express.

Que son? pois consiste na publicación duns sinxelos retos aos que se podrá dar resposta directa a través da ventana de comentarios que tedes ó final.
Os retos contestados correctamente tamén sumarán puntos para a clasificación xeral.

Hoxe imos probar cunhas adiviñanzas... a ver que tal se vos da:

Redondiña e moreniña, 
pódese comer crúa, 
asada ou cocidiña.

Ten famosa memoria, gran tamaño e dura pel 
e a nariz maís grandota que no mundo poida haber.

A resposta dareicha, case case en bandexa, 
son quen produce o mel, así que son...

Sorte! E a participar amigos e amigas!