luns, 1 de xuño de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O xogo "xaque ao virus" chega ao seu final acadando case 40.000 antivirus obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo.

Un total de 5.521 respostas aos retos propostos (máis de 500 por semana), xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos.

O reparto destes puntos foi o seguinte:


Só nos queda agradecer a participación de todas as familias e a colaboración desinteresada de músicos, actrices, escritores e demáis personalidades do mundo da cultura que animastes a participar aos nenos e nenas dos diferentes colexios da cidade.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

venres, 29 de maio de 2020

RETO 30: COLORÍN COLORADO...

... ESTE XOGO ESTÁ REMATADO!

Con moita pena decimos adiós, pero cheos de agradecemento.
Fostes todos moi amables, traballadores, alegres, comprometidos... 

Conseguistes facer 29 retos, unha chea de puntos e traballar en equipo.
Conseguistes cumprir con todos os obxectivos propostos, alegrándonos a corentena aos que estamos alén da pantalla.

E despois de 10 semanas xa é hora de cambiar os papeis, hoxe o reto... facémolo nós!!


Cerramos esta etapa pero abrimos outra, neste caso damos paso a "Con Cilia Verán 2020", a diversión pode seguir! so tedes que apuntarvos:
https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453733101698

Esperamos vervos pronto, mentres gozade do verán, en setembro volveremos con máis ganas... se é posible!

RESPOSTA RETO 29

Con moita pena colgamos a última resposta aos retos...
Non queda nada máis que agradecer unha vez máis o traballo ben feito, disfrutade vendo o voso reto:


E temos unha sorpresa!
Inés e Laura mandáronnos como están a medrar as lentellas que plantaron fai uns días, mírade que grandes están:


xoves, 28 de maio de 2020

DIPLOMADOS!

Todo o esforzo que estivechedes a facer non caiu en saco roto, para recoñecer o voso traballo temos preparados uns regaliños: un diploma máis unha medalla!

Para recollelo podedes ir os días 1, 2 e 3 de xuño ao Forum Metropolitano
O horario é de 16:00 a 18:00.
Como aínda non está aberto ó publico deberedes identificaros na entrada e levar mascarilla para garantizar a seguridade de todos.

Esperamos que vos faga ilusión, nos entregámolos con todo o agradecemento e cariño do mundo!


RETO EXPRESS

Vamos a por outra nova entrega dos retos express!

Estades preparados e preparadas? poñede todos os sentidos alerta porque... tedes que atopar cinco deportes diferentes dos once que se encontran nesta sopa de letras. 



Que deportes atopaches? Contestade nos comentarios e sumaremos novos puntos á clasificación!!

Sorte compañeiras e compañeiros. 

mércores, 27 de maio de 2020

RETO 29

RETO 29: 11 de Maio de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: molinillo de vento

Agora que xa podemos facer máis actividades fóra de casa, pero sempre de xeito responsable. Que vos parece si facemos un invento casero para saber cando é bo día para ir á praia?.

Para hoxe o que vos propoñemos é facer un molinillo que podamos poñer na fiestra para saber así, cando é un bo día por exemplo, para poder ir a praia. Este invento axudaranos, a saber de que lado e canto de forte sopra o vento.



Aquí deixámosvos un vídeo que vos axudase a facer o voso molinillo molón.


https://www.youtube.com/watch?v=tHzBjhxQhwg





PROBA CORPO EN FORMA: "pinchacarneiro" 

Hoxe tócanos practicar un pinchacarneiro. Para esta proba imos facer dúas probas diferentes:

1)Teredes que facer unha voltereta cara diante sinxela e para isto deixámosvos aquí os pasos a seguir. Prestar moita atención e facelo amodo, porque a seguinte proba vai ser un pouco máis complicada.

2)Para o seguinte exercicio imos necesitar ademais unha pelota. Os pasos a seguir son parecidos ao exercicio anterior. Teremos que facer a voltereta cara diante pero antes teremos que lanzar a pelota o máis alto que podamos, para intentar collela logo de facer a voltereta e antes de que toque o chan a pelota.







MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA!

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Recorda:
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

Envíao ó noso correo de contacto (fapasjosecornide@gmail.com)

RESPOSTA RETO 28

Creo que non vos dixemos o ben que o facedes as suficientes veces, así que unha vez máis... sodes os mellores! e este vídeo é unha mostra do que andamos a dicir: